Chega unha nova edición da Galicia Design Weekend
O festival de deseño que forma parte da rede internacional de World Design Weeks volve á cidade da Coruña para ofrecer o último en deseño galego e tamén mostras de referentes internacionais.
Durante as xornadas do 29 e 30 de novembro, as persoas que asistan á #GDW24 poderán gozar dun completo programa de conferencias, exposicións, obradoiros, música e gastronomía no espazo creativo Studio Follow, fundado polo noso asociado Álex Rico. O acceso será con entrada libre ata completar a súa capacidade.
O evento artéllase arredor de tres eixos:
-
PRO, formado por trece conferencias e tres obradoiros. Food design, intelixencia artificial, produto ilustrado, customización, interiorismo, origami…
-
SHOW, con dúas exposicións, unha dedicada ao deseño galego do último ano, e outra ao talento emerxente, ademais dun espazo físico de venda de pezas das persoas que protagonizan esta edición.
-
SESSIONS, coa participación de doce artistas entre os/as que destacan DJ María ou El Solitario.
Na primeira xornada, en sesión de tarde, o festival conta ademais coa presenza do estudio de deseño coruñés Costa, fundado polo socio Dani Bembibre e o seu compañeiro David Silvosa.
A #GDW24 ten como obxectivo promocionar o deseño como sector profesional e cultural de
importancia social e empresarial, creando comunidade, fomentando colaboracións, xerando novos proxectos, formando novas xeracións e abrindo o deseño galego ao exterior.
O festival está organizado por Galicia Design e Follow, co apoio da Xunta de Galicia e outras entidades.