• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
26-01-2023 12:00:00

Nova incorporación á DAG de Mónica Lemos

Comezamos o ano con novas incorporacións, entre elas Mónica Lemos que desde Agarimo Estudo e Consultoría de Branding aposta por estratexia e deseño para definir quen somos, transmitilo con fidelidade e así pertencer á sociedade e ao mundo. Encantados de terche na DAG, benvida Mónica!

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Que bonito é ser galega! Ou, depende, porque os invernos son fríos e húmidos. Aínda así non o cambiaría por nada. Pois o mesmo ocórreme co mundo creativo, unha contorna profesional cheo de pensamento crítico, diversidade de tarefas, diversión e moitos retos.

Na miña adolescencia empecei a desenvolver a miña parte máis artística escribindo poesía e pintando cadros ao óleo pero nunca me expuxen estudar nada relacionado con belas artes ou deseño gráfico.

Con todo, paralelamente ao mundo laboral e estudantil (alá polo 2006), tiña un blog onde publicaba as miñas aprendizaxes e paixón pola educación e a psicoloxía así como as Tecnoloxías da Comunicación e a Información, e ademais investía moitas horas no deseño de este.

Co paso do tempo, e una serie de acontecementos e adversidades na miña vida, deime conta de que tiña solicitudes de traballo e una comunidade de seguidores e, cun empuxonciño, emprendín alá por finais de 2017. Desde ese momento non deixei de desenvolverme e formarme en ámbitos de deseño gráfico, mercadotecnia, modelo de negocio, branding... até finalmente formar equipo con Nerea, a miña grande amiga e compañeira en Agarimo Estudo e Consultoría de Branding.

Transcendemos ao deseño gráfico coa entrega de servizos completamente estratéxicos de branding, onde grazas ao deseño podemos representar de maneira fiel a identidade das marcas para fortalecer o seu valor de marca.

Onde me podes atopar?

  • Podcast: Emprender LibreMente
  • Libro: Tu propio éxito. Desarrollo personal y branding. Cuando vida profesional y personal van de la mano.
  • Youtube: Agarimo Estudio
  • Podcast: Fuera del estudio
  • Web: agarimoestudio.com

Grazas a DAG por todo o seu labor e moi orgullosa e contenta de formar parte da asociación.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.