• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
04-04-2022 11:59:54

Nova socia, chega á DAG desde Lugo Marta Castro

Chega a primavera e comezamos a semana dándolle a benvida a Marta Castro que desde o seu estudio Hei Castro en Lugo, axuda a seguir sumando asociadas á Asociación Galega de Deseño. Alédanos moito contar con ela. Benvida!

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Boas,

O meu nome é Marta Castro, e traballo como deseñadora gráfica no meu propio estudio, chamado Hei Castro.

A miña formación relacionada co mundo do deseño foi na escola Ramón Falcón de Lugo, onde cursei o grao de Deseño Gráfico. Ao finalizar os estudos, fundei canda outros tres socios e amigos a cooperativa Ailalelo, que dende o 2012 ao 2016 traballou no eido do deseño e do desenvolvemento de webs e aplicacións móbiles. Neses mesmos anos tamén colaborei co Museo Provincial de Lugo, para o que desenvolvín proxectos de deseño gráfico en distintas iniciativas e exposicións. Logo desta experiencia na cooperativa, moi positiva e enriquecedora, montei o meu propio estudio, Hei Castro, que ten na creación de marcas un dos seus puntos fortes. O meu traballo busca enfatizar a impronta emocional das marcas, tratando de facer un oco na mente do "consumidor".

Faime moita ilusión, por todo isto, encontrarme aquí na asociación, e abrir camiños para compartir e aprender convosco.

Un saúdo e moitas grazas!

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.