Asociación
Galega
de Deseño

  • Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
21-11-2020 18:51:42

Novas datas para os Premios Paraugas 2020

O Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia anuncia un novo prazo de presentación de candidaturas para os V Premios Paraugas. As empresas e profesionais interesados en inscribir os seus proxectos poderán facelo ata o próximo 15 de decembro.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A situación sanitaria e as restricións impostas nos eventos sociais fixo imposible a celebración da entrega dos Premios Paraugas o pasado 20 de novembro, data prevista inicialmente. A organización decidiu adiar o evento, marcando como nova data o 12 de febreiro de 2021. O obxectivo principal deste aprazamento é conservar unha parte esencial da filosofía dos premios: servir de plataforma para a difusión do talento dos nosos e das nosas profesionais e como punto de encontro do sector.

O aprazamento na entrega de premios ven tamén acompañado dunha nova convocatoria para a recepción de proxectos. Todas as empresas e profesionais que queiran presentar as súas candidaturas teñen de prazo ata mediados de decembro. Coa intención de facilitar o proceso de inscrición, as candidaturas que xa fosen presentadas na convocatoria anterior poderán ser modificadas ou substituídas. 

Os Premios Paraugas recoñecen o traballo profesional feito en Galicia nos campos da creatividade, a edición, a impresión, o márketing, a comunicación e o deseño. Esta última categoría, patrocinada pola Axencia Galega de Innovación, inclúe 3 premios: Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico, Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto e Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital.

Debido á delicada situación económica derivada da crise sanitaria actual o prezo de inscrición conta este ano cun desconto do 25% nos dous primeiros proxectos presentados. A terceira inscrición e as seguintes serán de balde.

O xurado na categoría de deseño estará formado polos gañadores da pasada edición: Isaac Piñeiro, deseñador de produto e fundador de Isaac Piñeiro DesignStudio; o noso socio Roberto Núñez, responsable de estratexia e dirección creativa en Roberto Núñez Studio; e Daniel Camino, deseñador gráfico en Tony Le Brand.

Todos os detalles sobre esta nova edición dos Premios Paraugas están dispoñibles na súa web, dende onde tamén se pode facer a inscrición de proxectos.

Bases dos Premios Paraugas

DAG, Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Mércores de 16:30 a 20:30 h
Venres de 16:30 a 20:30 h

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Enderezo postal
Apartado de correos 2131
15780 Santiago de Compostela

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon
É membro da
Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.