• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
07-04-2025 17:32:00

Novos códigos​ CNAE para o deseño

Empezamos o 2025 coa actualización do​​s códigos CNAE que resumen e presentan información sobre a actividade económica das empresas en operacións estatísticas. O deseño recolle novas especificacións.​

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O código para o «deseño especializado» que estaba vixente desde o 2009, recollía actividades de deseño sen especificar. Os novos códigos​​ para identificar as actividades de deseño quedan así, repartidas en catro novos epígrafes dentro do CNAE 7410​: 

  • 74.11 Actividades de deseño de produtos industriais e moda. Engloba o deseño de produtos industriais, desde mobiliario ata dispositivos tecnolóxicos; a creación de prendas de vestir, calzado e accesorios de moda; e inclúe procesos de deseño funcional, ergonómico e estético de produtos manufacturados.

  • 74.12 Actividades de deseño gráfico e de comunicación visual. Comprende a creación de logotipos, identidade visual e branding; inclú​e o deseño de publicacións, cartelería, embalaxe e soportes dixitais; e abarca a dirección de arte e deseño publicitario.

  • ​74.13 Actividades de deseño de interiores. Céntras​e na planificación e decoración de espazos interiores; abarca tanto entornos residenciais como comerciais e de oficinas; e inclúe selección de mobiliario, materiais e elementos decorativos.

  • 74.14 Outras actividades de deseño especializado. Recolle todas aquelas actividades de deseño que non encaixan nas categorías anteriores; e permite dar cabida a disciplinas emerxentes ou novas formas de deseño aínda non definidas.​​ 

O deseño dixital e de experiencia de persoas usuarias recóllese no CNAE 6201. Ademais, hai que ter en conta outros códigos relacionados directamente coas actividades de deseño, como o 7111, servizos técnicos de arquitectura que inclúe o deseño de edificios e espazos urbanos; o 7112, servizos técnicos de enxeñaría​ que inclúe o deseño de maquinaria e equipos e procesos industriais​​​​; ou o 7311, servizos de axencias de publicidade, que inclúe o deseño de campañas, conceptos visuais e gráficos para promocionar produtos e servizos. 

Estes cambios no CNAE 7410 favorecen a representación das distintas disciplinas do deseño e consolidan o seu recoñecemento na actividade económica e no ecosistema empresarial. Ademais, facilitan trámites administrativos, permiten unha maior precisión nos estudios sobre o sector e con elo, un maior entendemento da profesión. 

Recordamos que a nosa actividade económica pode ter varios CNAE, mais soamente o que poñamos como primeiro ou preferente será tido en conta para todo o que mencionamos. ​En todo caso, recomendamos consultar as modificacións desta nova clasificación e actualizarse segundo a maior adecuación da actividade que realizamos, para beneficiarmos a título persoal e tamén ao conxunto do sector.  

Mais info
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.