O 27 de setembro temos cita co Cañas y Tipos
Despois do verán, a equipa organizadora do Cañas y Tipos Galicia empeza o curso en Compostela para presentar a 11ª tempada deste evento tipográfico itinerante.
Gráfica: Daniel Pino
Desta vez, a xuntanza será en xornada de tarde, ás 18:00 horas, o día 27 de setembro na Escola Unitaria, espazo que xa tivo ocasión de coñecer esta iniciativa coa participación de Laura Messenger e Berio Molina. Agora son a deseñadora e docente Ana Moliz e o artista e ilustrador Berto Fojo os profesionais que falarán das súas experiencias arredor da tipografía.
A entrada é de balde mais recordade que este evento remata co Tipobingo, onde se sortean pezas e material doado por deseñadores e deseñadoras entre as consumicións que se realicen no local organizador.
Este é o séptimo Cañas y Tipos que se organiza en Galicia. O primeiro foi no espazo Sar 53, de Santiago de Compostela con María Peinado y Rubel Prol como protagonistas. O segundo foi na Coruña con Manchea e Robert Janes. O terceiro celebrouse na cidade de Pontevedra, concretamente na sede da Asociación Cultural Kentada e contou con Marcos Dopico e Zeltia Iglesias. O cuarto fíxose de novo en Santiago de Compostela, na Escola Unitaria, e acolleu as charlas de Laura Meseguer e Berio Molina. O quinto trasladouse a Carballo, ao espazo Movidas Coworking, e tivo como protagonistas a Maite Canet e Manuel Griñón. O sexto foi en O Milladoiro, no espazo Magenta Coop, e contou con María Ramos, Mou e Rubén Grilo.
O evento en Galicia está organizado polos socios de DAG María Ramos, Bernardo Paz e Daniel Pino, xunto con Yolanda González e Carla Bautís.