O 3rd European Creativity Festival volve a Barcelona en outubro
Art Directors Club of Europe, a asociación europea sen ánimo de lucro que ten como obxectivo promocionar a excelencia no deseño gráfico e a comunicación visual organiza o 3rd European Creativity Festival do 13 ao 15 de outubro en Barcelona.
Nesta terceira edición, o Clube de Directores de Arte de Europa vai desenvolver un novo concepto: o hybridscape, consistente en xuntar nunha conferencia a parellas de profesionais de diversos campos como a cociña, a danza ou o chess boxing, con Jamshid Alamuti como moderador. Alén disto, haberá charlas, premios, workshops e mesmo un hackathon.
Como prato forte do festival 2016 terán lugar unha serie de “Connections” en parella nas que compartirán escenario emprendedores con perfís innovadores e transgresores para debater as mudanzas que están modelando a sociedade de hoxe en día.
Connection 1: O novo rol do deseñador
-
Luis Villa – Director de estratexia en Fjord Spain
-
Virginie Gailing – Directora Creativa e co-fundadora de The Cookery
Connection 2: Novos & creativos da linguaxe e metáfora da comunicación
-
Helen Zaltzman – Locutora de radio & Podcaster
-
Lawrence Zeegan – Ilustrador & Decano na School of Design, Ravensbourne
Connection 3: Reinventando a creatividade & iniciativas emprendedoras
-
Iepe Rubingh – Artista, innovador & fundador de Chess Boxing Global
-
Joel Serra-Bevin – Chef & Emprendedor
Connection 4: Transformación das convencións tradicionais & procesos creativos
-
Kathryn Ferguson – directora de cine
-
Jeffrey Ludlow – director creativo en 2×4 Madrid
Connection 5: Creatividade colaborativa & creación holística
-
Cesc Gelabert – Coreógrafo & Bailarín
-
Borja Ramos – Compositor Musical
Connection 6: O futuro do deseño e a tecnoloxía para unha sociedade mellor
-
Aral Balkan – Activista, deseñador e desenvolvedor de software
-
Marco Trombetti - Promotor de start-ups
Workshops and Hacks
O segundo día do European Creativity Festival estará dedicado á aprendizaxe práctica con algúns dos máis talentosos profesionais europeos dirixindo as actividades. Os asistentes serán motivados a saíren da súa zona de confort elixindo un dos workshops creativos.
Os participantes poderán escoller a relación entre a industria creativa e a danza coreografiada con Quim Bigas, desenvolver solucións á hora de ofrecer servizos creativos co galardoado estudio Fjord, ou comprobar as últimas novidades en contido estereoscópico xunto a Outliers Collective.
Para aqueles na procura de algo realmente único, o workshop de Virginie Gailing denominado Re.Designing Death proporá como utilizar a creatividade nun dos temas máis desafiantes da vida, mentres que IAAC (Instituto de Arquitectura Avanzada) ofrece unha aprendizaxe práctica e técnica de como levar a tipografía ao mundo 3D.
Entrementres, no Pirates Hackathon, equipos de deseñadores e enxeñeiros competirán entre si para gañar unha semana con gastos pagados no acelerador de startups romano Pi Campus, durante a que poderán desenvolver o seu propio proxecto. Os participantes serán retados a lograr unha exitosa suma de tecnoloxía e deseño desenvolvendo a súa propia idea de startup antes de presentárllela a investidores e emprendedores.
Alén disto, dentro do programa está incluído un tour especial pola Barcelona creativa e tecnolóxica cortesía de Insòlitbarcelona, ademais doutras actividades. Para ver o programa completo de eventos, visita www.EuropeanCreativityFestival.com
ADCE Awards 2016: A Champions League da creatividade
Este ano terá lugar a 25ª edición dos ADCE Awards, o xoves 13 de outubro será o día en que os xurados deliberarán, todo dentro do marco da terceira edición deo European Creativity Festival.
ADCE Awards son os únicos premios abertos só aos gañadores doutras competicións europeas. O sábado 15 de outubro, os asistentes poderán ver por primeira vez os premios coroados como “o mellor do mellor” e ademais, o membro fundador de ADCE e presidente dos premios deste ano, Johannes Newrkla, revelará o gañador do Grand Prix.
Para concluír a terceira edición do European Creativity Festival, todos os asistentes están convidados á gala de clausura, en que o Grand Prix da 25ª edición dos ADCE Awards será anunciado, xunto cos galardoados nas competicións “European Student of the Year” e “European Young Creative of the Year”.
Información práctica e tíckets
O 3º European Creativity Festival terá lugar en:
Disseny Hub Barcelona, Pl. de les Glòries Catalanes, 37-38, 08018 Barcelona
Entrada xeral (2 días / 14-15 out.) con acceso aos seis ‘Connections’, un workshop e á gala de clausura (inclúe a entrada á cea e a festa do sábado á noite). Os prezos das entradas son os seguintes:
-
Entrada xeral: 60€
-
Membros de ADCE (1): 36€
-
Entrada estudantes (2): 20€
-
Entrada socios DAG: 54 € (10% de desconto)
Todas as actividades serán en inglés. Haberá traducións simultáneas ao castelán durante as “Connections”