O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) celebra a súa asemblea anual
A asemblea tivo lugar o pasado venres en Cerceda, e, durante a reunión, as empresas do CMD coincidiron en sinalar que se encontran na vía da recuperación e mostraron o seu compromiso forte e decidido por continuar contribuíndo co seu gran de area a conseguir que o sector da madeira continúe sendo un sector estratéxico para Galicia.
José Manuel Iglesias, o presidente do CMD, quixo destacar na súa intervención o papel do Cluster como interlocutor sectorial activo e recoñecido, así como a implicación da entidade con todos os elos que conforman a cadea de valor do sector da madeira.
Ao termo da asemblea, fíxoselle entrega, por octavo ano consecutivo, do recoñecemento de socio de honor ao deseñador galego Tomás Alonso, quen goza dun recoñecido prestixio internacional no mundo do deseño.