• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
02-03-2022 12:00:00

O Concello de Pontevedra estrea imaxe institucional

O pasado mes de febreiro o Concello de Pontevedra facía pública a nova imaxe corporativa deseñada polo estudio Centlitrosmetrocadrado, logo dun proceso de selección baseado na «chamada a proxecto».​ 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A proposta gráfica estivo amparada baixo o lema «Arria Oreta» que na antiga xerga dos canteiros de Pontevedra significa «auga e pedra». Baixo eses dous piares os compañeiros Xabier Rilo e Ricardo Tubí​o afrontaron o deseño, tendo en conta os elementos fundacionais da cidade. A nova imaxe dá continuidade ás anteriores e salvagarda os símbolos esenciais da mesma, poñendo en valor a súa historia: o escudo de medio punto, a auga do río Lérez, os tres arcos da ponte do Burgo e a antiga muralla medieval da cidade. O elemento que se elimina respecto das anteriores é a cruz e na nova imaxe adquire protagonismo unha única cor, o azul como referente da auga e tamén por razóns de contraste e lexibilidade. 

O resultado é unha imaxe moderna, limpa, sólida e equilibrada, que permite unha mellor comunicación coa cidadanía. O proceso de implantación realizarase nos próximos meses e de maneira paulatina, comezando polas dependencias municipais e a rotulación dos vehículos do concello.   

Desde a DAG queremos salientar tamén o proceso de contratación mediante a fórmula de «chamada a proxecto» como exemplo de boa práctica por parte dunha administración local, que conta co apoio e o asesoramento de entidades e profesionais relacionados coa materia, de principio a fin, amosando as boas sinerxías que se poden xerar entre os diferentes axentes implicados.  

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.