O estudio Desoños obtén catro premios de deseño na 5ª edición dos Luxury Advertising Awards
Esta nova edición do Festival de Publicidade de Luxo e Marcas Premium premiou o estudio vigués Desoños con catro galardóns: tres premios concedidos a proxectos desenvolvidos polo estudio e un Premio Especial ao Estudio con Mellor Deseño Premium 2017. Os premios entréganse hoxe pola tarde nunha gala que terá lugar en Marbella.
Entre os proxectos premiados encóntrase a exposición Emporium, Mil Anos de Comercio en Vigo, do Concello de Vigo que se puido visitar no museo Verbum de xullo de 2016 a maio de 2017. Para este proxecto museográfico de Liqe Arquitectura, Desoños deseñou a gráfica expositiva, o catálogo e o material de difusión, traballo merecedor do Premio á Mellor Produción Gráfica de Exposición.
O Premio ao Mellor Deseño de Marca Premium foille outorgado ao proxecto dunha emprendedora galega, Araceli Hermelo, quen lanzou ao mercado Ylé, unha nova marca de cosméticos premium.
Por último, o sitio web http://santossantiago.com deseñado por Desoños para a empresa galega Cocinas Santos foi galardoado co Premio ao Mellor Deseño Web de Marca Premium.