• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
29-09-2022 12:00:00

O Galicia Design Weekend chega a Vigo

O Galicia Design Weekend, festival de deseño que forma parte do circuíto internacional de semanas do deseño, chega por primeira vez a Vigo este sábado 1 de outubro con conferencias, exposicións, un taller e un showroom dixital.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O festival comeza a tarde do sábado, na nova Galería Maraca que acolle as conversas da directora de arte viguesa Noe Díaz Patiño (Farfetch), dos arquitectos santiagueses Rvr, da paisaxista tamén de Vigo María Fandiño, do estudio creativo vasco Cuchillo e do estudio de deseño gráfico vigués Chachachá​ ​Studio. E acabarase coa sesión de Fernandes Dj, tamén deseñadora gráfic​a.

As dúas exposicións do programa inauguraranse tamén este sábado e estarán instaladas ata o domingo 29 de outubro. #novodeseñogalego é unha mostra do mellor talento emerxente galego sobre unha instalación do estudio Flu-or. E Arquitectura do Camiño é unha selección de proxectos non residenciais realizados entre os anos Xacobeo 2011 e 2021 comisariada por Jordi Castro, do estudio vigués de arquitectura Castroferro.

Haberá ademais​ ​un Showroom dixital de creacións de deseño galego e un taller de Introdución ao deseño de personaxes para animación en motion graphics impartido por Chachacha Studio, con inscrición gratuíta enviando un correo a info@gdw.gal.

Galicia Design Weekend é un proxecto do socio Álex Rico e da axencia Follow. 

Máis Información
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.