O que o deseño pode facer por ti
O que o deseño pode facer por ti é o título da mesa redonda de deseñadoras galegas e asturianas en que participan as socias da DAG Uqui Permui e María Ramos hoxe pola tarde.
Conversando con elas estarán as deseñadoras da Asociación de Deseñadores Gráficos de Asturias (AGA) Maite Prida e Cristina Cipritia. A mesa, que estará moderada por Marcelino de la Fuente, é unha das actividades do Festival Arcu Atlánticu que decorre en Xixón do 24 ao 29 de xullo.