• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
12-12-2025 10:16:09

O socio Miguel Flores da Costa galardoado nos IX Premios Provinciais á Xuventude de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra entregou recentemente os premios que recoñecen o talento da mocidade da provincia nunha ducia de disciplinas, entre elas a de deseño, onde o noso compañeiro recibiu o segundo premio. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Fotografía: Donauta

Esta novena edición marcou un récord de candidaturas e foron premiadas un total de 39 entre doce categorías: iniciativa de interese xuvenil, banda deseñada, contido audiovisual, deseño e moda, educación en valores, iniciativa empresarial, educación xuvenil en concellos, investigación en ciencia, investigación en artes, música clásica, música noutros xéneros, narrativa, poesía, serie fotográfica e fotografía. 

O socio Miguel Flores da Costa, deseñador desde o seu estudio Donauta, coas facetas tamén de impresor e cineasta, levou o segundo premio na categoría de deseño e moda polo deseño do expositor de lentes para a firma coruñesa Pementa Eyewear. Concebiu o elemento como un espazo limpo que fixera salientar o produto. Así, transformou os tres puntos distintivos da marca nun obxecto tridimensional no que pousar as lentes. Na materialización do deseño empregáronse diferentes materiais e técnicas para acadar un resultado que estivera á altura do produto do cliente, combinando serigrafía, tampografía, verniz e demais procesos. Este expositor pode verse nas ópticas onde Pementa ten produto á venda. 

Dicir tamén que Miguel obtivo outro segundo premio na categoría narrativa por Un sismógrafo. 

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.