Ola Stephanie, benvida á DAG!
Presentamos a Stephanie Wurm, deseñadora austríaca asentada no rural galego e especalizada no deseño de marcas e embalaxe. Ten ganas de participar da DAG e formar parte do tecido do deseño da nosa comunidade. Benvida!
Nacín en Austria e pasei moitos anos en Barcelona, unha cidade que me enriqueceu profesional e personalmente. Durante o meu tempo alí, especialiceime en deseño de marca e embalaxe. Para min, un bo deseño non so debe ser esteticamente agradable, senón tamén funcional e capaz de adaptarse aos novos retos da empresa.
Despois de casi dúas décadas en Barcelona, o meu marido Xaime e eu decidimos iniciar unha nova etapa en Galicia (si, foi unha fuxida pandémica en toda regla.) Baixo o nome de wurm aneiros colaboramos con axencias, outros estudios ou traballamos directamente con clientes tanto locais como nacionais. Tamén formo parte de Brandbuch, o que me permite traballar con equipos multinacionais e interdisciplinares.
Unha das miñas paixóns é crear arquitecturas de marca sólidas e coherentes. Gozo especialmente do desafío de simplificar catálogos complexos de produtos a través do deseño e da estratexia, facendo que sexan máis accesibles e atractivos para o público.
Apunteime á DAG para formar parte do tecido do deseño en Galicia e poder conectar con outras deseñadoras.