Orientacións para a contratación de deseñadores e deseñadoras
READ, a Rede Española de Asociacións de Deseño, publica un novo documento que serve para promover as boas prácticas na contratación dunha deseñadora ou dun deseñador.
A idea desta pequena guía é servir de referencia para empezar con bo pé un proxecto de deseño. Este documento complementa a Guía para Convocatorias de Deseño que xa se realizara no seu momento para describir de maneira sinxela como funciona a «Chamada a proxecto» como fórmula de contratación.
A infografía utilizada para ilustrar as pautas a seguir para a contratación dun deseñador ou dunha deseñadora inclúe dous listados, un de cousas que sí se poden facer e outro de cousas que non se deben facer. Este e outros documentos para a promoción de Boas Prácticas no deseño están dispoñibles para consulta e libre descarga na páxina web de READ.