• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
concursos
24-07-2013 17:13:45

Os concursos abertos de deseño nunca son a mellor opción

A DAG Asociación Galega de Deseñadores unha vez máis ten que manifestar o seu total rexeitamento cara a unha práctica por desgraza cada vez máis estendida.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A DAG Asociación Galega de Deseñadores unha vez máis ten que manifestar o seu total rexeitamento cara a unha práctica por desgraza cada vez máis estendida. Estámonos a referir á convocatoria de concursos abertos de deseño e, máis en concreto, ao convocado pola empresa RdeC – REINO DE CELTAS S.L. baixo o lema “A imaxe de Rosalía vista por...” do que podedes consultar as bases no seguinte enlace: http://www.rdec.es/concurso.html

Como xa fixera en ocasións anteriores, a DAG optou tamén desta volta por poñerse en contacto coa empresa convocante a fin de lle trasladar a postura da asociación fronte a este tipo de concursos que non só perverten o fundamento básico polo cal o resultado dun traballo profesional debe ser a consecuencia de aplicar uns coñecementos e unha experiencia adquirida, senón que ademais promoven unha maior precariedade das condicións laborais dos profesionais especificamente capacitados, xa de por si complexas no momento actual, dificultando aínda máis a capacidade de innovación. Cómpre puntualizar que no ánimo da DAG ao establecer este tipo de contactos coas entidades convocantes non está de ningún modo a busca de confrontación, senón todo o contrario, o establecemento de vías de diálogo entre os profesionais do deseño e mais as institucións e empresas que permitan que, andando o tempo, este tipo de malas prácticas sexan substituídas por opcións moito máis axeitadas e proveitosas para os propios convocantes como a de optaren pola selección dalgún dos moitos profesionais do deseño, asociados á DAG ou non, que na actualidade están exercendo a moi bo nivel a profesión do deseño en Galicia, ou caso de querer persistir na opción do concurso, a convocatoria dun novo concurso pero de carácter restrinxido entre profesionais do deseño de solvencia contrastada, e cunha remuneración acorde co traballo que se lles solicite.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.