Os deseñadores como factor de éxito
O vindeiro 28 de novembro, terá lugar no CIS Ferrol, unha xornada de mañá adicada aos deseñadores e deseñadoras que traballan directamente con empresas coa finalidade de alcanzar o éxito empresarial promovendo e potenciando o uso do deseño.
Alí estarán as nosas socias, Noelia Estevez, do estudio Desoños, que centrará a súa presentación na creación de identidade visual a través do packaging; e Noemí Cortizas, deseñadora de produto e experta en CMF, que falará de deseño tendo en conta cores, materiais e acabados.
A xornada complétase coa presentación de obxectivos e avances do proxecto Design4Innovation e outras intervencións centradas no envase como valor engadido, no deseño de iluminación, na creatividade ou no emprendemento. Ás 13.30 h está previsto un aperitivo networking para intercambiar opinións entre os protagonistas e os asistentes.
A asistencia é de balde mais é necesario inscrición previa.