• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
22-02-2022 12:00:00

Os estudios DARDO e Piedrapapeltijera premiados nos Anuaria 2021

Xa coñecemos os proxectos gañadores da XXVIII edición dos Premios Anuaria. Dous premios de ouro ao mellor deseño dunha publicación editorial e á mellor cuberta dun libro para DARDO, e catro proxectos mái​s​ seleccionados entre as 189 obras, dous de DARDO e dous de Piedrapapeltijera.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

«Limen. Christian García Bello», de DARDO, estudio liderado por Conchi Mayo, acadou o Premio Anuaria ao mellor deseño unha publicación editorial e o Premio Anuaria á mellor cuberta dun libro. Limen é unha monografía que revisa a última década do traballo do artista Christian García Bello. O deseño da publicación logra trasladar a propia esencia do traballo do artista. A portada resólvese desde a rotundidade e a sutileza, presidida por una liña central estampada capaz de dialogar ca poética visual do artista como unha chiscadela ao interior sen desvelar o seu contido.

«Dalí. Litrografías de los excesos pantagruélicos» e «June Crespo. Helmets», ambos de DARDO, tamén foron proxectos seleccionados na categoría mellor deseño dunha publicación editorial.

Os dous proxectos con selección Anuaria do estudio Piedrapepeltijera, dirixido por Xóse García, son «Non nos xulgues» seleccionado na categoría mellor campaña de interese social, e «Aller Perfumes», seleccionado na categoría mellor tenda web.

Destacar tamén que María Agra, vicepresidenta da DAG, participou como xurado nesta edición, continuando coa colaboración que a asociación mantén coas entidades organizadoras dos premios desde hai anos​.

Parabéns a todos!

Máis información
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.