• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
25-01-2022 12:00:00

Os II Premios Galicia de Innovación e Deseño xa teñen gañadores

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) otorgou o luns 24 de xaneiro os galardóns da segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. Desescribir gañou o premio na categoría Profesionais de Deseño.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Unhas distincións creadas no 2020, que buscan recoñecer a labor das persoas e empresas galegas que son referentes no desenvolvemento económico e social da nosa comunidade mediante a innovación e o deseño, e supón o recoñecemento do valor da nosa profesión, contribuíndo á súa visibilización como factor estratéxico.

A cerimonia foi presencial, mais igual que o ano pasado, tamén foi retransmitida en directo a través da canle de Youtube do Programa Deseño para a Innovación.

Os gañadores foron: 

Categoría de Innovación:

  • Pequeña e mediana empresa: GalChimia.    
  • Grande empresa: Congalsa.        
  • Traxectoria innovadora: Fernando Pérez.

Categoría de Deseño:

  • Profesionais: Desescribir.    
  • Deseñadores/as mozos/as: Damián Calvo.        
  • Empresas: TMC Cancela.  

O xurado estivo integrado por profesionais de recoñecido prestixio encargados de seleccionar as candidaturas finalistas das dúas categorías principais e as súas subcategorías. Na categoría de Innovación foron xurados Teresa Mariño, Alberto Barreiro, Ana J. Varela e Jorge Barrero. O xurado na categoría Deseño estivo conformado por Irene García, Xosé Luís Reza, Coca Rivas e David Barro.

Parabéns a todos e todas as premiadas e en especial aos compañeiros de Desescribir, Cibrán Rico e Suso Vázquez. Facemos mención tamén aos socios David Silvosa e Daniel Bembibre do estudio Costa que foron finalistas na categoría de profesionais.

 

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.