Os Premios Laus recoñecen os nosos deseñadores
O pasado venres, no transcurso da Nit Laus, desvelábase por fin a lista completa dos premiados cun Laus.
Os Laus son uns prestixiosos galardóns que outorga a Asociación de Deseñadores Gráficos e Directores de Arte (ADG-FAD), e que cada ano recoñecen os mellores traballos de deseño gráfico e comunicación visual en España.
Un ano máis, como xa vén sendo habitual nos últimos tempos, este tamén temos que celebrar a presenza de deseñadores da DAG entre os premiados:
Moitos parabéns a Ricardo Tubío e Xabier Rilo (cenlitrosmetrocadrado) premiados cun Laus de prata na categoría á portada de libro.
E tamén a Suso Vázquez e Cibrán Rico (desescribir), gañadores de dous Laus de bronce na categoría de libro completo: un por Günter Förg. Verfolgen Malerei e o outro por La cobla patafísica 2001-2015. Cabo SanRoque.
Dous Laus que se veñen sumar a outros recoñecementos como o do Premio Photoespaña que incluía recentemente Boas Noites, unha obra do seu selo editorial Fabulatorio, na lista dos 10 finalistas ao mellor libro de fotografía editado en 2016.
Ou o León de Ouro conseguido polo pavillón español na Bienal de Arquitectura de Venecia, para o que deseñaron a gráfica.