• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
24-09-2026 17:48:00

Chega o outono e trae un novo socio: Daniel Portela

Hoxe presentamos a Daniel, un profesional con sobrada experiencia e coñecementos en deseño audiovisual e corporativo, que de seguro haberá compartir con nós. Coa súa incorporación á DAG sumamos novos perfiles vencellados ao audiovisual. Benvido!

Ola. Son Daniel Portela, de Camposancos, na desembocadura do río Miño, na raia con Portugal. Son especialista técnico en realización e graduado en deseño.

Levo dende 1997 traballando no audiovisual. Estiven 20 anos editando vídeos en informativos e deportes na TVG e dende 2017 son o coordinador creativo da CSAG. Traballei en Tresdeseos en proxectos de 3D e posprodución. Fixen vídeos publicitarios para grandes corporacións. Fun o editor/posprodutor da serie Era Visto. Montei e deixei unha empresa con socios (e seguimos a ser moi bos amigos).

O 2012 puiden ir, da man de Álex Bragaña, a unha xuntanza do Café d Turno que me cambiou a percepción do deseño e a súa xente. Co tempo, cambioume tamén a vida deixándome claro que o asociacionismo, formal ou informal, é moi importante.

Dende a Radio Galega fago o videopódcast «Movendo Marcos», no que grandes profesionais do deseño e creatividade galega, algúns delxs socixs da DAG, fálannos dos seus proxectos máis destacados.

Saúdos e apertas.

Perfil de Daniel Portela na DAG
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.