Pablo Álvarez súmase á DAG
Pablo é deseñador gráfico e está afincado en Ourense. Leva pouco tempo na DAG pero xa ten ganas de participar e ver o que se coce por aquí. Esta é a súa presentación. Benvido!
Ola xente,
Son Pablo, de Ourense. Gústame crear marcas con alma e historia e tamén dotarlle de vestimenta a produtos a través do packaging.
Despois de moverme por Pontevedra, Santiago e Mallorca voltei á terriña, fai xa 14 anos, para montar o meu primero fracaso en forma de axencia. Despois diso todo evolucionou cara BeDo creativos, que comparto cos meus amigos Bruno e Alberto, onde desenvolvemos fundamentalmente proxectos de branding e packaging, aínda que alguna web e stand de feira tamén caen de cando en vez. Actualmente compaxino o traballo no estudio co posto de deseñador gráfico no departamento de comunicación na marca de moda Adolfo Domínguez.
Creo no deseño como elemento diferenciador de marcas e produtos e como canal de comunicación visual para chegar ás persoas, onde a psicoloxía xoga un gran papel. O deseño gráfico é arte, pero arte cun obxectivo.
Vémonos pronto en persoa!