• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
25-11-2025 18:29:09

Parabéns a Desoños e Nuria Carballo, Premios Paraugas 2025

O venres 21 de novembro celebrouse a gala de entrega dos X Premios Paraugas no Teatro Jofre de Ferrol e os compañeiros de Desoños e Nuria Carballo recibiron os premios nas categorías de deseño.

Na categoría de Mellor produción gráfica, Anduriña presentou xunto co estudio Desoños, formado por Carlos Álvarez, Noelia Estévez e Susana González, o libro Unha árbore de historias, deseñado para a Biblioteca de Galicia (Xunta de Galicia). Unha publicación, con certa complexidade técnica, que serve de escolma da literatura infantil e xuvenil en lingua galega.  

Na categoría de Mellor solución de deseño, premiouse o traballo de marca realizado por UTE Contorna Besada, Failde BMJ Arquitectos e Nuria Carballo, para o Concello de Betanzos. Tanto a marca como a proposta de mobiliario urbano dialogan coa cidade e refozan o seu carácter, dotándoa dunha identidade máis definida.

O Paraugas de ouro foi para o Real Club Celta de Vigo; o Paraugas do público para Krack pola acción de branding dos Premios Feroz; o Paraugas Galicia Calidade para Tio Phill pola campaña realizada para Paco & Lola; o Premio anunciante do ano foi para Estrella Galicia; Imaxe-Proximia levou o Paraugas para a mellor idea creativa e tamén o á mellor campaña, con traballos realizados para Estrella Galicia. O Premio á mellor acción de branding recaeu no Real Club Celta de Vigo; Premio Paraugas á mellor estratexia global de comunicación para Atrevia e Grupo Lence; o Premio para á estratexia de comunicación máis eficaz foi para Recados Carmen e ESIC; o Mellor evento profesional ou corporativo para Ingenyus, Viratec & Aclima; o mellor evento cultural, gastronómico ou musical para Soundhood de Estrella Galicia; e, por último, o Premio Paraugas a novos talentos foi para alberto González pola dirección creativa e identidade visual de Xara Fest 2025. 

Parabéns a todas as persoas e empresas premiadas!

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.