Pepe Barro falará sobre a identidade gráfica de Zeltia na EASD Antonio Faílde
Unha empresa cun nome, Zeltia, e un símbolo de identidade gráfica, o tríscele, que nos remiten ao pasado mítico de Galicia. A explicación, profusamente ilustrada por Pepe Barro, é case unha novela de intriga na que se mestura historia, cultura, política, ciencia e a vida dos dous irmáns protagonistas: o autor do nome e logotipo e o autor do símbolo.
Non o perdades!