• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
07-12-2022 10:25:00

Por segundo ano a DAG colabora co programa Xuventude Mentoring da Xunta de Galicia

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoría destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia. A DAG colabora difundindo información sobre o proxecto e servindo de canle para a incorporación de persoas asociadas como mentoras.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O programa busca favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional e está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio. Os e as participantes ademais terán un asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa. O proceso de inscrición estivo aberto ata o 14 de setembro de 2022.  

Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Na edición anterior participaron 146 persoas mentoras, desenvolvendo 49 horas de formación en habilidades e competencias, 12 xornadas de networking e visitas a empresas cun resultado do 58% dos/as participantes están traballando ou completando formación.

Máis información
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.