988
Identidade visual do noso primeiro cliente, nós mesmos.
Adoptamos o prefixo da provincia como naming. Por unha banda fai referencia ás nosas orixes e raíces culturais, e pola outra, o feito de utilizar unha cifra, é dicir, un código de comunicación universal, reflicte a determinanción por traballar e comunicar de xeito global.
A nivel gráfico, o elemento central da nosa imaxe recae nunha tipografía personalizada de tipo industrial, modular e stencil que xunto a xerarquías espaciais diáfanas permite xerar un sistema que busca salientar os principais valores da marca (sinxeleza, calidade e honestidade) a través das distintas aplicacións.