Canjazz 2015
O Festival Internacional de Jazz de Cangas é o máis antigo, e probablemente un dos mellores festivais de Galicia. Celébrase (en caso de que a chuvia o permita) no Eirado do Costal, unha preciosa praza da zona vella e mariñeira do municipio, que coa súa pendente (de aí o ’N’ do logo, que tamén deseñamos) se converte nun auditorio urbano coa capacidade e as propiedades acústicas perfectas.
Para a edición de 2015 colaboramos con Diego Estebo, un brillante ilustrador cangués, co que confeccionamos a cartelaría e o libreto do festival.