• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Socios e socias Proxectos

Cortes de Muar

Estudio
Ekinocio Comunicación
Cliente
Germán e Rita García
Ano
2012
  • Raquel Boo Anderson Raquel Boo Anderson
  • Irene García Reyes Irene García Reyes

Cortes de Muar é o resultado do relevo da segunda xeración de queixeiros dunha queixería artesá de Silleda. O proxecto consistiu en desenvolver o concepto de venda completo con eles, desde o nome, pasando polas aplicacións gráficas até o packaging. Comezamos por xerar unha historia que supuxese o punto de partida para construir o resto de elementos.

O produto depende directamente da calidade do leite das vacas da zona, ademais do bo facer dos artesáns, polo que buscamos a maneira de homenaxear directamente ás protagonistas, xogando co dobre sentido da palabra “corte”, convertíndoas en raíñas. Como a queixería non ten produción propia de leite, senón que se abastece dos produtores da zona, escollimos os nomes máis populares de vacas galegas que comezasen por “M” e xeramos un universo arredor desta letra que evoca o seu muar.

Á hora de vestir o queixo, tomámolo de xeito literal, facéndolle unha etiqueta con xeito de saia que cubre a tetilla, completándoa cun corpo de vaca-raíña. Así naceron as Marelas, ás que logo seguiron distintas adaptacións de forma, para outras variedades de queixo redondo, Mimosas e Marquesas, etc. As premisas  que quixemos manter eran empregar únicamente cartón para que se poidese reciclar facilmente e tentar reducir costes co uso dunha soa tinta, negro. O resultado é unha embalaxe divertida, que chama a atención, posiciona o produto nas tendas delicatesen, e fai que un queixo do país constitúa un bo agasallo para calquera ocasión.

http://cortesdemuar.com/

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.