Feira Galega das Artes Escénicas
- Estudio
- Uqui.net
- Cliente
- Agadic
- Ano
- 2010
A Feira Galega das Artes Escénicas, organizada por Agadic, é un proxecto que convoca os programadores e a xente das artes escénicas en xeral. Durante cinco días organízanse diferentes programas na cidade de Compostela. Cada ano un personaxe, ou unha acción guía a identidade da feira… nesta ocasión, escollemos unha figura que combina referencias mitolóxicas con outras máis propias do mundo do espectáculo, buscando representar o impulso que a feira supón para a creación escénica profesional.
Tanto os elementos da feira, a sinalética exterior e interior creáronse mesturando esta figura coa tipografía Museo Sans, na súa versión Light, deseñada recentemente por Jos Buivenga.
Polo traballo realizado para este mesmo evento, na súa edición de 2004, recibimos o premio da Revista ARTEZ á mellor imaxe gráfica de festivais de artes escénicas.