Frank
Esta identidade corresponde ao redeseño para unha tenda local de moda masculina. O obxectivo era conseguir unha imaxe potente que tivese como valores de marca fundamentais a representación da calidade e a masculinidade sen perder o legado familiar da empresa.
Así pois, e collendo como referencia a heráldica patronímica, faise unha revisión dos seus potentes elementos para obter unha imaxe que transmite confianza e seguridade, e enfatiza a súa razón de ser. No tocante á tipografía, escóllese unha sans-serif co ánimo de preservar a robustez da anterior e que lle dá un carácter máis neutro e actual.