Iago Fdez. - Acougo
Segundo disco como líder do talentoso batería cangués Iago Fernández.
Deseñamos dúas edicións diferentes: un digipack clásico e unha jewell case totalmente transparente envolta nunha faixa de pvc serigrafiada e rematada cun adhesivo.
En ambos os dous casos quixemos representar o "acougo" do que fala o disco (e a cita de Vidal Bolaño á que remite) cun deseño de mínimos, tentando reproducir a sensación de deixar entrar a luz (a música) na escuridade, no baleiro.