Millo Verde
Identidade visual para un produto único: empanada tradicional de millo corvo. Dúas irmás deciden recuperar a tradición do millo corvo e comezan a traballar coa súa nai elaborando empanadas caseiras con este ingrediente de cultivo ecolóxico. O resultado é un produto exquisito, cun sabor único, de gama alta pero tradicional e artesán.
Redeseñamos a marca gráfica e creamos un packaging axustado ás súas necesidades técnicas e empresariais.