NYDDO Documentación lógica
- Cliente
- NYDDO
- Ano
- 2010
Despois de realizar o naming e proxectar a súa imaxe corporativa, a dirección de Nyddo, unha empresa dedicada á custodia, dixitalización e destrución de documentación, necesitaba un soporte que resumise os seus servizos. Para iso pensamos nun políptico formado por tantas partes coma servizos, deseñamos unha iconografía na que o símbolo do seu paxaro de origami se adapta a cada sección e acompañámolo polo reverso cunha chuvia de documentos en branco. O papel escollido, un pop art de 200 gramos, dálle consistencia e valor.