OWLBOX
- Cliente:
- Roctool
Creación dunha tapa en plástico reciclado para a promoción dos beneficios da tecnoloxía de indución para a inxección de resinas plásticas. Isto é un claro exemplo de proxecto cmf (colors, materials and finishes) onde sen facer moito caso da forma, conseguimos atopar o perfecto equilibrio para facer unha peza visibelmente atractiva e agradábel ao tacto.
O deseño foi feito co obxectivo de seducir dunha soa ollada, por iso xógase con efectos de holografías, outras texturas antirreflectoras (para ver a cor verdadeira sen reflexos), morphing (formas evolutivas en gradientes e en 3D°) e moitas máis. A peza foi feita en varias cores e mesmo unha versión con aditivos olfactivos, para mostrar a posíbeis clientes da cosmética as posibilidades visuais e de interacción para poder destacarse da competencia.
O proceso é moi esquemático, primeiro deben facerse uns bosquexos tradicionais, e logo un ficheiro vectorial seguindo certos principios de gradientes de grises e negativos, posto que iso é o que lle indica ao láser a profundidade de mecanizado que debe facer no molde. Nas imaxes pódese ver a peza final e o proceso.