Pablo Martínez
Desde 1992, Pablo Martínez traballa como artesán musical fabricando instrumentos de gran beleza e acabado. Esta proposta toma inspiración do legado da súa antiga profesión e da súa materia prima. A marca explora o concepto de unión entre tradición e modernidade, pautada claramente no logotipo. Representa a honestidade da marca como produtora de artigos artesanais de alta calidade, e a individualidade dos seus valores, ademais de manter unha imaxe profesional e coherente coa tradición musical galega.