Restaurante O Almacén de Teresa
- Cliente
- O Almacén de Teresa
- Ano
- 2010
O proxecto O almacén de Teresa responde a unha desas iniciativas que buscan combinar tradición e modernidade. O xerente do restaurante, un chef coa crenza profundamente arraigada de que cómpre preservar a cociña tradicional, pensaba nunha identidade para o seu establecemento que lle deixase claro ao cliente que estaba indo a comer a un lugar á antiga usanza, pero nun ambiente de hoxe. A imaxe da marmita, símbolo tradicional da antiga cociña, acapara a atención cara a un escenario no que se cocen tipograficamente varios pratos da carta.