Secla 2013
- Proxecto
- Congreso SECLA 2013
- Cliente
- Sociedad Española de Cirugía Laparoscópica y Robótica
- Ano
- 2013
O deseño do cartel para o 12º Congreso da Sociedade Española de Cirugía Laparoscópica iniciouse co deseño da súa identidade, a cal varía anualmente.
O concepto da identidade do congreso xira arredor dunha vista cenital das tres aberturas quirúrgicas sobre o corpo humano que a laparoscopia necesita para a súa manipulación, círculos a través dos cales o instrumental accede ao interior, para a súa curación. Un concepto que os profesionais asistentes ao congreso coñecen perfectamente.
Limpeza, formas puras, comunicación directa, cores contrastadas e un tipo de alta lexibilidade como é o Avenir, forman os ingredientes dunha estrutura de cartel na que a propia laparoscopia é a protagonista.