• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Socios e socias Proxectos

Todo el tiempo del mundo

  • Alberto Rodriguez Pérez Alberto Rodriguez Pérez

Todo el tiempo del mundo foi un encargo de Los Libros de Rocamadour, unha asociación cultural centrada na lectura e na edición de obras singulares. Neste empeño, buscan extraer de cada proxecto, os principios esenciais que potencien o conxunto, buscando obter un resultado, non só atractivo, senón tamén significativo.
Todo el tiempo del mundo foi a primeira novela de Manuel Olveira, licenciado en Historia da Arte e en Belas Artes, director do Centro de Producción y Residencias Artísticas Hangar (Barcelona, 2001–2005), do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC (Santiago de Compostela, 2004-2009), do Ágora, Centro Cultural para o Progreso Social (A Coruña, 2010-2011) e, dende 2013, do Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León, MUSAC. Con isto quero sinalar que o libro a deseñar, non podía enfocarse como un libro calquera. Continente e contido tiñan que responder a un concepto común, adecuarse ao sentido e á estética da novela. 
Así, por un lado foi a agua como elemento e fonte de vida o elemento aglutinador, polo outro, o propio tacto do volume, aparentemente uniforme, ata que o tes nas mans.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.