Vivir Vilamarín
Vivir Vilamarín é unha iniciativa creada co obxectivo de revitalizar os espazos agrarios do concello de Vilamarín a través da oferta de diversas actividades culturais (poesía, música, cine, obradoiros...). VV busca ser un punto de encontro entre o novo e o vello, o urbano e o rural, a cultura e o agro.
Baixo estas premisas concibimos unha identidade que debe responder a tres necesidades fundamentais: unha fácil lecturabilidade debido ao seu target, a sinxeleza na produción e a fácil adaptabilidade a aplicacións de formato artesanal.
Para conseguilo utilízase unha tipografía industrial personalizada, cos bordos suavizados e inspirada no antigo marcado de reses e sacos. A cor primaria da marca é vibrante, contemporánea pero tamén recoñecible (escudo de armas).
As aplicacións da marca crecen coa iniciativa grazas ao dinamismo e versatilidade do sistema compositivo.