Asociación
Galega
de Deseño

  • Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
18-02-2021 13:00:14

Os Premios Anuaria 2020 xa teñen gañadores

A XXVII edición dos Premios Anuaria acaba de publicar as 124 obras seleccionadas, das cales cinco foron creadas por socios e socias da DAG.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O estudio DARDO, liderado pola nosa socia Conchi Mayo, acadou unha Selección Anuaria ao mellor deseño de publicación editorial polo libro «Futuros Posibles. Deseño para a innovación na era pos-covid» editado por GAIN, cun deseño adaptado ao novo contexto social. A segunda Selección Anuaria foi á mellor tenda web, polo traballo realizado para a artesá Rosa Méndez.

Pola súa banda, os compañeiros de Cenlitrosmetrocadrado, Ricardo Tubío e Xabier Rilo, obtiveron unha Selección Anuaria ao mellor embalaxe polo proxecto de etiquetado creado para as adegas Abalo Méndez da DO Rías Baixas; gráfica baseada nos catro valores que miden os viñedos cada mes e que permite variacións de deseño con cada anada.   

O estudio vigués Desoños formado polas socias Noelia Fernández, Carlos Álvarez e Susana González, acadaron outra Selección Anuaria ao mellor programa de identidade corporativa pola imaxe creada para o grupo gastronómico Nove, referente da cociña creativa galega, baixo o concepto de cociña atlántica e inspirado na tipografía das embarcacións de pesca.  

Roberto Núñez, acadou a Selección Anuaria ao mellor activo dixital polo traballo desenvolvido para a adega Davide nas redes sociais e na súa web, creando contido audiovisual cun código escultórico fóra do común.

Podes consultar todos os proxectos seleccionados nesta edición 2020 aquí.

DAG, Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Mércores de 16:30 a 20:30 h
Venres de 16:30 a 20:30 h

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Enderezo postal
Apartado de correos 2131
15780 Santiago de Compostela

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon
É membro da
Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.