• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
14-12-2022 09:45:00

Premio Clap Platinum para o socio Carlos el Rojo do estudio Coma

O traballo realizado polo socio Carlos el Rojo do estudio coruñés Coma, para as Festas da Ascensión 2022 de Santiago de Compostela, vén de recibir un Clap Platinum na categoría de Marketing e Publicidade, mellor anuncio ou campaña en vía pública.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A proposta traslada ese «subidón» que se sinte ao saír á rúa, ir á verbena, bailar, ver os cabezudos, escoitar música en directo, asistir ao teatro e gozar da vida. Unha «ascensión» de cada compostelán ao ceo da ledicia e algarabía tanto tempo agardada, despois de dous anos de parón por culpa da pandemia. Un cartel literal onde a letra «i» inicia a súa ascensión deixando unha estela de festa.

Os Premios Clap teñen unha longa traxectoria como premios internacionais e como referente de calidade dentro da profesión. Os máis de catrocentos traballos presentados nas últimas edicións son proba da súa consolidación. Contan co apoio dun xurado internacional composto polas principais organizacións e colectivos profesionais do ámbito do deseño de Iberoamérica.  

Podes ver os proxectos gañadores desta edición na web dos propios premios. 

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.