• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
09-04-2025 11:34:41

Nace un novo premio para o deseño galego

O departamento de cultura de Deputación da Coruña ven de presentar a primeira edición do Premio Luís Seoane de Deseño, ampliando o reprertorio de recoñecementos ao talento galego nos distintos ámbitos da creación. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Imaxe da presentación do Premio Luís Seoane

Este certame, comisariado polo noso socio Pepe Barro, busca recoñecer a traxectoria de persoas, colectivos ou entidades cuxo traballo sexa relevante nas disciplinas do deseño gráfico e comunicación visual, deseño dixital, deseño de procesos de organización, deseño industrial e de produto, deseño de espazos e deseño de moda.

A deputada de cultura, Natividade González, presidirá o xurado que estará formado por unha persoa do ámbito da docencia en deseño, tres profesionais en exercicio de diferentes especialidades e unha persoa do ámbito empresarial ou cultural, especialmente relacionada cos eidos do deseño, a arte e a comunicación. 

Ademais das persoas do xurado, que elaborarán as súas propostas, tamén poderán presentar candidaturas argumentadas para a concesión do premio, por vía telemática,  todas as persoas físicas maiores de idade ou persoas xurídicas, interesadas na promoción do deseño. O prazo para facelo vai do 9 de abril ao 19 de maio e deberán cumplir os seguintes requisitos: 

  • As persoas candidatas deberán ter como mínimo unha traxectoria de dez anos de dedicación profesional ao ámbito do deseño. 

  • Deberán ter exercido a súa profesión en Galicia ou ser persoas galegas que, residindo fóra da Comunidade autónoma, presenten na súa traxectoria unha serie de obras relevantes realizadas para clientela gallega.

  • Só se admitirá unha candidatura por persoa física ou xurídica e non se admitirán autocandidaturas.

Imaxe da presentación da IV Gala da Cultura da Deputación da Coruña

O novo galardón contará cunha dotación de 6.500 euros e súmase ás iniciativas da Deputación da Coruña para premiar o talento galego, neste caso nun sector clave para a cultura, a industria e a comunicación. 

Precisamente este xoves, 10 de abril, terá lugar a cuarta edición da Gala da Cultura no Teatro Colón da Coruña, para a entrega dos premios cos que se recoñece o labor creativo noutros ámbitos como a banda deseñada, a narrativa, a poesía, a fotografía, a música, a artesanía, a arte gráfica ou a acción cultural pola igualdade de xénero. 

A programación do evento comezará ás 17.00 h co podcast A todas Luzes, onde se entrevistará ás persoas premiadas. A continuación, ás 18.00 h, poderase visitar unha mostra de encaixe de Camariñas, e finalmente a gala, que conta coa dirección artística da nosa socia Thais Suárez, dará comezo ás 19.00 h. Conducida por Susana Pedreira, con vestiario de José Matteos, incluirá actuacións de Fran Sieira e Alana, vestidos por La mapache, acompañadas dunha videocreación da cineasta Nela Fraga con imaxes do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego. A gala está aberta ao público até completar a capacidade do teatro.

Bases do premio
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.