Premios Arcapack para Uqui Permui e BeDo Creativos
A sexta edición dos Premios Arcapack España acaban de comunicar os gañadores deste ano 2024. Entre as Seleccións Especiais atopamos tres traballos do compañeiro Pablo Álvarez, de BeDo, e un de Uqui Permui. Parabéns!
Dentro da categoría de mellor packaging de bebidas, deseño de botella e/ou de etiqueta atopamos os tres proxectos de BeDo Creativos: La Pócima elaborado para destilerías Miño, o Vermut Diovio e os licores Abadía do Crego, ambos creados para a destilería Xestal. No caso de Diovio, o traballo partiu de cero, creando o nome, o concepto de marca e o packaging.
Por outra banda, o packaging de Sementares, proxecto deseñado por Uqui Permui para a produtora Sementares, levou o premio dentro da categoría de mellor packaging «ecofriendly», que ten en conta a redución de materiais, que sexa reciclable, de produción sostible e que respecte ao medio ambiente. Recordamos que este proxecto foi Premio Nort 2024, levou tamén un Ouro nos Premios Latampack e unha Selección nos Premios Clap 2023.
Os premios Arcapack recoñecen e difunden a excelencia do deseño e as solucións dos mellores envases e embalaxes deseñados ou fabricados, total ou parcialmente, en España e Portugal, durante os anos 2023 e 2024.