• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
22-06-2022 14:35:00

Premios Laus para socios DAG

A 52 edición dos Premios Laus vén de celebrar a gala de entrega dos premios 2022 onde resultaron galardoados traballos dos nosos compañeiros Cibrán Rico e Suso Vázquez de Desescribir, e Iago Barreiro e Alberto Carballido de Novagarda.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Imaxes: Desescribir e Novagarda

Desescribir, formado por Cibrán Rico e Suso Vázquez, acadou unha prata pola publicación Iremos al sol / Towards the sun de Gina Gimenez, un catálogo deseñado para a exposición «Iremos al sol» de Regina Gimenez no Patio Herreriano de Valladolid e editado por Fabulatorio, a editora que fundaron en 2012. A publicación está​ máis cercana ao libro de artista que ao catálogo de arte convencional. Recolleron tamén un bronce polo deseño do catálogo Jorge Cabezas is back! a exposición do pintor Jorge Cabezas que tivo lugar na Fundación Luis Soeane da Coruña e que comisariou Antón Reix​a​. O catálogo formúlas​e​ como unha homenaxe que percorre a diversidade da súa obra e adopta o formato de caderno de apuntes.

Novagarda, Iago Barreiro e Alberto Carballido, obtivo un bronce polo traballo de deseño desenvolvido para o Estudo da Economía do Deseño en Galicia, o primeiro estudo​ realizado sobre este sector en Galicia e que estivo desenvolvido por DAG e a Axencia Galega de Innovación. A proposta trata de achegar a información​ ​a calquera tipo de público mantendo un equilibro entre usabilidade e innovación a través de pequenos xestos na navegación e na visualización do contido.

Parabéns aos catro, e parabéns tamén ao resto de compañeiros e compañeiras das asociacións amigas que forman parte de READ e que resultaron premiadas nesta edición.

Os Premios Laus de Deseño Gráfico e Comunicación Visual recoñecen os mellores proxectos en máis de 50 apartados distribuídos en cinco categorías: deseño gráfico, dixital, publicidade, audiovisual e estudantes. ​E​stán organizados por ADG FAD e contan cun xurado profesional de marcado prestixio nacional e internacional.

Web Premios Laus
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.