• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
30-04-2020 20:28:50

Recoñecemento ao deseño feito en Galicia

Nestas semanas de cancelacións e proxectos pausados o traballo ben feito segue a recibir merecido recoñecemento. Falamos neste caso dos compañeiros de cenlitrosmetrocadrado nos prestixiosos Premios de Arquitectura Ascensores Enor, e da deseñadora de tipografías María Ramos nos European Design Awards e os ADC Awards.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Se falamos dos Premios de Arquitectura Ascensores Enor non serán moitas as persoas que non saiban do que estamos a falar. Estes galardóns, que naceron no ano 2005, son hoxe un dos eventos de arquitectura máis destacados da Península Ibérica. Nesta VIII edición, Ricardo Tubío e Xabier Rilo (cenlitros) foron seleccionados co proxecto que desenvolveron con Salgado e Liñares Arquitectos para a rexeneración do conxunto da Casa da Cotona, en Rois. Un novo exemplo de como arquitectura e deseño conflúen para lograr un resultado óptimo.

As boas novas chegan tamén dende outros puntos do planeta. Os European Design Awards acaban de anunciar a lista de premiados para este 2020 tan atípico. Alédanos moito comunicar que a tipografía Movement de María Ramos e Noel Pretorius (NM type) foi galardoada co Ouro na categoría «Tipografía Orixinal–Display». Este mesmo proxecto é ademáis finalista na 99ª edición dos ADC Awards. Neste caso os premiados daránse a coñecer durante o Creative Month, un programa completamente online e gratuíto que, ademáis de ofrecer charlas en vivo, permitirá interactuar con compañeiros e compañeiras de profesión.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.