Premios Nacionais de Innovación e Deseño
Ata o próximo 4 de xullo está aberta a convocatoria para presentar candidaturas aos Premios Nacionais de Innovación e Deseño 2024. Animamos a profesionais do deseño e ás empresas da nosa comunidade a que se presenten.
Os Premios distinguen a persoas e entidades que fan da innovación un elemento indispensable no desenvolvemento da súa estratexia profesional e do seu crecemento empresarial. Tamén galardoan a profesionais e empresas que contribúen significativamente ao incremento do prestixio do deseño español e ás entidades que, incorporándoo á súa estratexia empresarial, demostran que o deseño é unha potente panca de inovación e da competitividade.
Recordamos as categorías dos premios:
Premios Nacionais de Innovación:
-
Modalidade Traxectoria Innovadora: persoas físicas con unha traxectoria de alo menos quince anos na que a innovación foi unha das características relevantes.
-
Modalidade Grande Empresa Innovadora: grandes empresas cunha actividade innovadora de alo menos quince anos.
-
Modalidade Pequena e Mediana Empresa Innovadora: pequenas e medianas empresas con demostrada actividade innovadora de alo menos cinco anos.
-
Modalidade Novo Talento Innovador: dirixidos a aquelas persoas cun demostrado potencial innovador, cuia idade non sobrepase os trinta e cinco anos no día da presentación da candidatura.
Premios Nacionais de Deseño:
-
Modalidade Traxectoria en Deseño: profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de alo menos quince anos de recoñecido prestixio no sector.
-
Modalidade Deseño e Empresa: empresas que teñan incorporado o deseño á súa estratexia empresarial durante alo menos dez anos.
-
Modalidade Novos Profesionais do Deseño: dirixido a persoas físicas (deseñadores e deseñadoras), cunha idade que non sobrepase os trinta e cinco anos o día da presentación da candidatura.