• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
04-11-2022 12:00:00

Presentación de dous novos proxectos sobre deseño na Fundación DIDAC

O pasado 4 de novembro presentáronse na Fundación DIDAC​ ​dous novos proxectos relacionados co deseño: a exposición «Formas propias. Deseño para a Innovación» e a publicación Dicionario do deseño e da innovación en Galicia.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Froito do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación DIDAC no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – Diferenza, preséntanse estes dous novos proxectos que reflicten a importancia que ten na creación de riqueza cultural e económica a conxugación da creatividade e da industria, do deseño e da innovación. 

Tanto a exposición como o dicionario buscan recoñecer o labor das persoas e empresas que están a contribuír ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño; e tamén poñer en valor a potente simbiose entre deseño e innovación como panca de competitividade e crecemento, acompañando o presente con exemplos e casos de éxito do pasado a modo de contexto histórico.

«Formas propias. Deseño para a Innovación» reúne deseños históricos, reflexións plásticas e visuais de deseño e sustentabilidade, materiais innovadores e sostibles, e exemplos de empresas que están a apostar pola innovación co deseño como motor. Algúns dos exemplos de deseño foron realizados por asociados/as de DAG e poderá visitarse ata o 16 de decembro. E na primeira entrega do Dicionario do deseño e da innovación en Galicia, onde tamén están representados/as asociados/as da DAG, preséntanse as primeiras 100 fichas de entidades e empresas, que se irán completando e crecendo en número nos próximos meses.

Estas acción​s​ sitúanse en liña con outras iniciativas do Programa de Deseño para a Innovación e Sustentabilidade 2024 – Diferenza, como o mapa de provedores, o Premio Galicia de Innovación e Deseño e o Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia realizado no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol dende o ano 2018.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.