Preséntase Lab, o anuario da EASD de Ourense
Será o próximo martes, 6 de outubro, ás 20.00 h cando a Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde presente Lab, o seu anuario 2015, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
O evento contará coa presenza do deseñador Pepe Barro, protagonista dun dos artigos da publicación, de Laura Lobón, alumna da escola encargada do deseño e maquetación deste volume, e dunha representación das diferentes especialidades artísticas impartidas na EASD Antonio Faílde.
Ao finalizar o acto farase entrega de exemplares aos asistentes.