Proxectos galegos na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo coa participación de Cenlitrosmetrocadrado
A XV Edición da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo fixo pública a lista de proxectos seleccionados e finalistas. Salientamos os tres que contan coa participación dos nosos compañeiros Ricardo Tubío e Xabier Rilo, do estudio Cenlitrosmetrocadrado.
Fotos: Luis Díaz Díaz
Hai dous proxectos finalistas. Por un lado, está a Cooperativa de vivendas Trece Rosas Residencial, en Santiago de Compostela, proxectada por Carbajo Barrios Arquitectos. Un edificio con espazos de uso común deseñados por Ricardo e Xabier. O seu traballo neste proxecto completouse co deseño da sinalética e o mobiliario, usando a madeira e o metal como materiais.
Fotos: Roi Alonso
O segundo proxecto finalista desta bienal é o Complexo Turístico Albeida, ideado por Salgado e Liñares Arquitectos para Doartesanato, onde de novo os nosos compañeiros se encargaron da sinalética do espazo, integrando os soportes nas formas, tonalidades e texturas predominantes da zona construída.
Fotos: Roi Alonso
O terceiro proxecto a salientar, que foi seleccionado entre as máis de 600 obras presentadas, é a Rexeneración do Conxunto da Casa da Cotona, plantexado tamén conxuntamente por Salgado e Liñares Arquitectos e Cenlitrosmetrocadrado.