O primeiro que hai que saber é que CMF é o acrónimo de Cores, Materiais e Acabados (Finishes). É unha disciplina do deseño «relativamente» nova. Digo relativamente porque estivo presente na industria automobilística durante anos, pero nese campo coñecese como color & trim. Antes, era o deseñador quen pensaba non só na forma senón tamén nos materiais que se utilizarían. Hoxe, estamos nun mercado moi competitivo que avanza moi rápido. Nunha situación como esta é necesario ter unha boa estratexia de deseño CMF. Esta disciplina é de grande axuda para ter un produto de éxito e adaptable, a un custo de fabricación efectivo e co menor uso de recursos posible. Así é como naceu esta especialidade, que non se centra na forma senón nos materiais, os acabados e as cores a usar, para crear unha linguaxe de marca diferenciada e unha experiencia de usuario coidada e pracenteira. Esto é algo que teñen moi claro todas as grandes marcas con éxito de ventas do mercado. Chegando non só a contratar os servizos dun deseñador de CMF, senón tamén a ter un equipo propio nesta rama.

Google ten un equipo grande de deseñadores CMF traballando na súa empresa. Son os responsables do éxito de produtos como o Google Pixel 3

Que fai un deseñador CMF?

Para dicilo sen rodeos, usando termos actuais, é UX fóra da pantalla. Poderiamos dicir que os deseñadores CMF son os deseñadores UX do mundo físico e todas as cousas non dixitais. Tentamos crear ou transmitir emocións a través dunha interacción significativa co usuario. De feito non é raro ver a alguén colaborando en proxectos dixitais, xa que usan principios similares de psicoloxía. 

Algunha vez escoitaches falar da madalena de Proust? No seu libro Á busca do tempo perdido, fala dos recordos que lle trae a madalena. É como unha reminiscencia de tempos pasados. Coa súa textura, recendo e sabor, pon en marcha todos os químicos no seu cerebro para traer una emoción ou unha lembranza á súa mente.

Pero para explicalo de maneira máis clara, vou usar un exemplo que sempre uso nos meus relatorios, moito máis «real» e fácil de entender. Como sabes que un bolso está feito de coiro e non de plástico? Porque sabes o que é o coiro, aprendíchelo fai moito tempo, cando alguén, unha mestra, un pai ou un amigo, amosouche un anaco de coiro e dixo «Isto é coiro». Durante esa primera interación observaches a súa cor, percibiches a súa textura e memorizaches o seu olor. Agora, se ves unha bolsa de coiro sabes que non é unha imitación pola súa textura, olor, color e brillo, porque as súas características son coñecidas para ti. Cando interactúas cun obxecto feito de coiro o teu cerebro actívase cos estímulos que reciben os teus sentidos e a imaxe deste material, do «coiro», toma forma na túa cabeza.

Pois ben, chegados a este punto, parabéns! Non só porque reflexionaches sobre algo no que quizáis non repararas ata agora, senón porque tamén acabas de aprender a idea básica do negocio. Esta é a razón pola que o deseño CMF tamén se coñece como deseño sensorial.

Vale, comprendo. Entón, que fas para estimular os meus sentidos?

Primeiro detectamos cales son as necesidades do mercado, dende aí coñecemos tamén cales son os desexos dos consumidores. Isto non é nada novo, é a metodoloxía do design thinking, clave para crear produtos que se vendan. Identificamos un problema e pensamos nunha solución. Para poder facer isto, analizamos e seguimos adquirindo coñecementos sobre novas tecnoloxías, procesos industriais, materiais, e incluso o que os centros de investigación están a facer neste momento. Si, ás veces tamén necesitamos ler artigos científicos.

Sempre estamos buscando e investigando, dende varios puntos de vista:

  • Cores: pigmentos, aditivos, mesturas, Pantones…  
  • Materiais: compostos, metais, plásticos, resinas de orixe reciclada, orgánicos ou químicos, tecidos, madeiras, e moitos máis. 
  • Acabados superficiais: tecnoloxía de gravados láser, tratamentos químicos, recubrimentos, texturas, formas, superficies táctiles, funcionais ou pura estética, holografías... 

Algúns proxectos consisten só en facer unha selección axeitada de tecnoloxías industriais e ferramentas que existen para poder lograr os nosos obxectivos. Pero outras veces necesitamos profundar, chegando a un nivel de escala nanométrica ou química. Como ves no noso traballo mesturamos o deseño atractivo e funcional coa investigación a escala industrial. 

Pero todo isto é caro, non? 

Depende, a maior parte das veces non o é. Incluso se temos que facer unha investigación moi detallada, procuramos optimizar custos. Como dixen antes, unha boa estratexia CMF, permitirá ter un novo deseño do teu produto, máis atractivo e con custos mínimos de produción. Incluso poderá adaptarse para coleccións ou edicións limitadas. E todo isto, sen cambiar toda a cadea de produción ou con cambios mínimos nas ferramentas. Tes un claro exemplo disto baixo estas liñas.

Para o mando da XBOX, Microsoft creou moitas variantes, adaptadas a todos os seus mercados obxectivo, sen necesidade de invertir moitos cartos. Por que? Observa a foto, a mesma forma, por tanto o mesmo molde de inxección pero con distintos degradados, cores, tipos de plástico e incluso con algunha textura xeométrica de diferentes tons e brillos. Efectivamente, detrás destas «variacións» hai un equipo de deseñadores CMF, pensando en pigmentos, revestimentos, resinas e todo o necesario para crear mandos para todos os gustos sen cambiar máis que a pintura e o material usado, creando así diferentes opcións visuais. Agora pensa nos beneficios, cada mando ten un prezo que pode ir dende os 49 euros ata os 150, dependendo do nivel de personalización. 

Onde estudas para convertirte en deseñador CMF?

Por desgraza, non hai formación específica. Os únicos cursos que atopei están na UAL (Universidade de Artes Aplicadas de Londres) e na web de College for Creatives. Pero na miña opinión non profundan o suficiente, ben por falta de contidos, ben porque son excesivamente curtos, ou ben porque se centran unicamente no deseño sen unha base técnica.

Para que me entendas mellor, como deseñadora CMF é moi valioso ter certos coñecementos técnicos, para poder entender e comprender como funciona a química dos materiais. Nalgunhas ocasións incluso facemos a función de transferencia tecnolóxica entre empresas e centros de estudos, algo así como a bisagra que fai que o obxecto dun estudio máis teórico se convirta ou transforme en algo atractivo para a empresa e para o consumidor.

Os mellores deseñadores CMF que atopei, son profesionais con formación complementaria de deseño e outra más técnica, tipo enxeñaría téxtil, química ou mecánica. Actualmente, a mellor maneira que hai de formarse nesta disciplina é facelo pola túa propia conta a través de libros especializados. Un libro que explique as bases da ciencia dos materiais é un moi bo comezo, para entender que é o que fai que un material sexa ignífugo, resistente ao impacto ou repelente á agua, por exemplo. 

E se me pides opinión sobre que habilidades personais necesitas direi:

Sé curioso

Le, explora, aprende de moitas cousas. Estuda as tecnoloxías e infórmate do que se está a desenvolver en todos os campos posibles. É posible que o día de mañá algún destes coñecementos se convirtan nunha ferramenta chave para conseguir o teu obxectivo.

Por exemplo, a continuación tes un libro sobre a beleza da arquitectura xaponesa e como xoga coas sombras e a luz. Dato curioso, este libro foi unha fonte de inspiración para un proxecto que fixen fai dous anos, o concepto para o interior dun coche que foi presentado na feira do automóbil de París.

Ten unha mente aberta

Faime caso, hai moitas cousas novas y estrañas que poden ser útiles. Debes conservar a actitude positiva que ten un neno para sorprenderse e a capacidade analítica dun científico para identificar posibles aplicacións. O mellor desta disciplina é que nunca deixas de sorprenderte.

Acepta os riscos e ten moita paciencia

Necesitas entender a sociedade para obter tendencias de consumo e ideas para investigar/explorar. Cal é o estado de ánimo da xente? Que están facendo as empresas? Esta é unha carreira de longo percorrido. Pero ante todo consiste en pararse a pensar: Que podo facer eu que aínda no se fixese ou intentase?

E o da paciencia vén a conto porque moitos dos que integramos este campo adoitamos ser os primeiros en dar o paso para explorar novos materiais e empurrar ao resto de equipos para lograr os obxectivos. Perdín a conta de cantas veces explicando o que quería facer obtiven unha mirada de «QUE?!» acompañada dunha risa nerviosa como resposta, normalmente de colegas fóra deste campo. Con bastante frecuencia, terás que explicar unha e outra vez o porqué da investigación, os seus beneficios, e defender a túa postura con man de ferro e tamén algo de man esquerda. Facer presión e defender a túa postura servirá para que todos os departamentos implicados traballen ao unísono para conseguir o obxectivo plantexado. Ás veces fracasamos, e é entón cando todo parecerá demasiado complicado. Así que toca ter paciencia e ser tenaces.

Saber cando parar. Non se admiten egos

Sé realista, a túa idea ás veces funcionará sen problemas ou só nalgún caso. Outras veces simplemente non funcionará. A maioría das veces, de feito, falamos de puro I+D combinado con deseño sensorial, así que estarás explorando algo novo. A miña recomendación é que deas un paso atrás e analices a situación. Quizáis a idea é boa, pero o estado actual da tecnoloxía fai que non sexa realizable. En momentos como este, debes esquecerte do teu ego e ser pragmático. Existe unha alternativa, unha realmente viable? Adiante! Non hai alternativa? Para. Cando traballas en proxectos de investigación de CMF, hai moitos erros e problemas que poden bloquear o proxecto e non permiten seguir adiante. Esa é a dura realidade.